Samuel Diz en “Desde Galicia para el Mundo”

Outro dos nosos ‘clásicos’, Samuel Diz, foi protagonista do programa Desde Galicia para el Mundo emitido o pasado 15 de febreiro. O guitarrista de Tui fala durante a entrevista, entre outros aspectos, do seu labor de recuperación de pezas para guitarra clásica de compositores galegos. Un traballo pioneiro que derivou na gravación do seu primeiro álbum Guitarra Clásica Galega. Non vos perdades as súas palabras co son da súa guitarra de fondo. Podedes velo e escoitalo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies