Empezamos ben a semana. A Historia da Música en Galicia é finalista dos Premios da Edición 2013 dentro da categoría Ánxel Casal aos libros de non ficción. Foi elixida polos proprios editores e agora corresponde ao xurado decidir a obra gañadora. Os outros finalistas son Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (Alvarellos), Corasons (Kalandraka) e Tastarabás Enciclopedia de brinquedos tradicionais (Xerais).