Concerto de Samuel Diz en Lugo

Tras recibir o Premio da Crítica no Palau de la Música Catalana o pasado novembro, Samuel Diz actuará o próximo martes día 11 en Lugo. Será ás 20.00 horas na Casa do Saber con entrada libre até completar aforo. O concerto, programado dentro da xira AIEnRUTa-Clásicos, estará centrado na obra para guitarra da Xeración do 27′, co maxisterio e influencia de Manuel de Falla en todo o grupo de creadores do momento, entre eles, o lucense Jesús Bal y Gay. Será a primeira vez que Samuel interprete a obra deste autor na súa cidade.
Máis información:

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies