Ouvirmos, consultoría cultural

Presentámosvos un dos nosos máis recentes traballos como consultoría cultural para a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo. O cartel de actividades do Centro de Interpretación Terras do Miño para este primero trimestre de 2014. Inclúe un curso de introdución á agricultura ecolóxica, obradoiros de construción e instalación de caixas niño, rutas para toda a familia pola Reserva da Biosfera Terras do Miño e conferencias sobre Fungos medicinais ou sobre Experiencias de participación social na xestión territorial, entre outras actividades. Podedes ver o programa completo aquí e inscribirvos de forma gratuíta a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org ou do teléfono 982 22 78 12 (prazas limitadas).

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies