Xa temos aquí o primeiro videoclip do álbum SOLO de Roberto Alonso Trillo. Un fermoso documento visual filmado e dirixido por García Morales sobre o tema “Paraphrases Polyphonicae I” composto por David Gálvez. O vídeo leva o título de “We are concrete” e reflicte a relación de García Morales coa obra de Alonso como realidade sonora. Actualmente, García Morales está a afondar no traballo de Francisco Boix, fotógrafo e prisioneiro no campo Nazi de Mauthasen. Para ver o vídeo, pincha aquí.