A loita polo Premio do Público Culturgal -novidade deste ano- está a ser moi reñida. Especialmente, entre dous candidatos: Festival de Cans e Salón do Libro Infantil de Pontevedra, que se sitúan a moita distancia do terceiro aspirante: a Asociación PuntoGal. O próximo venres 15 ás 00.00 pecharanse as votacións a través da Internet e coñeceremos a quen vai parar finalmente o premio. Até entón, podes apoiar co teu voto calquera das tres candidaturas. Ti decides!