Xa temos aquí SOLO, o primeiro disco galego de violín contemporáneo, asinado polo vigués Roberto Alonso Trillo. Este álbum recolle parte da experiencia profesional do violinista durante os últimos anos, o traballo de compositores galegos novos (Fernando Buide, Eduardo Soutullo e Octavio Vázquez), españoles (Tomás Marco e David Gálvez) e latinoamericanos (Samuel Robles) que, coa súa importante proxección internacional, son a historia viva da música contemporánea.
A obra -editada co selo Ouvirmos- aparece no mercado cunha edición física limitada e en formato dixital. Xa á venda en iTunes e outras plataformas principais.
SOLO. Violín Contemporáneo presentarase publicamente en Vigo o próximo día 18 de decembro.