Promocións especiais no noso stand do Culturgal

Se te achegas ao Culturgal non deixes de visitar o noso stand. Pola compra dun libro da nosa colección de Cociña infantil e familiar, recibirás de agasallo un paquete de galletas mariñeiras. Atoparás os oito libros publicados de cociña, incluídas as dúas novidades de Chocolates e Carnes. E ademais poderás facerte co libro+2 CD’s da exhaustiva e completa Historia da Música en Galicia, escrita por Lorena López Cobas, a un prezo especial.

Vémonos no Pazo da Cultura de Pontevedra do venres 29 ao domingo 1 de decembro!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies