Para que vos vaiades facendo unha idea do que nos trae o monográfico de “Carnes” da colección de Cociña infantil e familiar. Esta última incorporación, que estará en breve nas librarías, continúa a ofrecernos receitas tan orixinais e sorprendentes como este “dominó” co que animar os máis pequenos a cociñar pratos cheos de proteínas.