Bótalle un ollo ao programa do Culturgal!

Se aínda non o fixeches, este é un bo momento para botarlle un ollo ao programa do Culturgal 2013. Quedan só 21 días para que se celebre a gran Feira das Industrias Culturais e hai máis de 150 propostas programadas.

No Espazo libro as principais editoriais galegas presentarán as súas novidades, tamén a revista Luzes, con Manolo Rivas, e a revista do Xabarín Oink!… A carpa acollerá as estreas dos novos discos de Caxade e Mónica de Nut e a presentación en exclusiva o sábado 30 de novembro do disco Galiza de Kepa Junkera no Auditorio do Pazo da Cultura. No Espazo cinema haberá maratón de webseries e o Espazo infantil será un dos máis dinámicos, cunha manchea de propostas para os máis cativos.

Moitas razóns para non perderse o Culturgal da corresponsabilidade, no que o público conta máis ca nunca!

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies