Últimas prazas para a visita a Baroña!

 

Apurade que quedan poucas prazas para gozar da oportunidade de realizar unha visita guiada ao Castro de Baroña da man da autora da “Historia da Música en Galicia”, Lorena López Cobas, quen ademais falará do papel que se supón que tivo o elemento sonoro na cultura castrexa a partir das fontes e referencias literarias existentes. Non vola perdades este sábado 12 de outubro ás 16.00 horas dentro do Festival Espazos Sonoros. Podedes reservar a vosa praza só até mañá mércores enviando un correo a actividades@espazossonoros.org.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies