Samuel Diz, Premio da Crítica 2013 no Palau

Outra boa noticia para rematar a semana! Samuel Diz, intérprete de Guitarra Clásica Galega recibiu o Premio da Crítica 2013 na XVIII edición de El Primer Palau, o ciclo de concertos para novos intérpretes organizado pola Fundación Orfeó Català-Palau de la Música. O xurado, formado entre outros, por críticos de El País e da Revista Musical Catalana, destacou da actuación de Samuel Diz do pasado 3 de outubro, o seu “estudo e coherencia do programa, demostrando unha alta seguridade escénica e un son moi diáfano coa guitarra”.
O guitarrista recollerá o seu premio o próximo 21 de novembro en Barcelona na gala de clausura, onde actuará o Quartet Gerhard, gañadores da última edición do ciclo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies