Manuel Quiroga e Stradivarius volven a unirse a través do Cuarteto Quiroga, do que é integrante o ourensán Cibrán Sierra, e que se fai chamar así en hornor dun dos maiores violinistas de todos os tempos: o pontevedrés Manuel Quiroga. Esta formación vén de ser elixida por Patrimonio Nacional como o cuarteto residente do Pazo Real, o que significa que terán o privilexio de tocar as auténticas xoias musicais do Patrimonio do Estado. Dous violíns, unha viola e un violonchelo, catro Stradivarius que forman a colección Palatina, decorados con incrustacións de marfil, e dos que só hai once en todo o mundo.