Hemingway e o ‘Negra Sombra’

Queredes escoitar a voz de Hemingway co ‘Negra Sombra’ soando de fondo? A voz do escritor norteamericano mestúrase coa gravación do Coro De Ruada, que restauramos e dixitalizamos para o álbum ‘Escena Coral Galega’ de A Tiracolo, no documental ‘The Spanish Earth’. Pinchando aquí, podedes acceder ao vídeo inicial do filme coa narración de Hemingway e a música do ‘Negra Sombra’. O documental foi dirixido por Joris Ivens no 1937, durante a Guerra Civil, en apoio do bando republicano. O guión é o do propio Ernest Hemingway e mais de John Dos Passos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies