Roberto Alonso Trillo, protagonista do noso próximo lanzamento editorial, impartirá unha conferencia no Queen’s College da Universidade de Oxford o próximo xoves día 31 de outubro ás 17.30 horas. O violinista vigués disertará sobre a música galega contemporánea a través das obras para violín dos compositores Eduardo Soutullo, Octavio Vázquez e Fernando Buide. A charla está organizada polo Centre for Galician Studies da Universidade de Oxford.