Emerxe unha renovada GalicianTunes, a plataforma en liña onde se reúne a maior parte da industria musical galega actual. A través dela, podemos acceder a un catálogo con completa información sobre máis de 130 artistas en galego, castelán e inglés. GalicianTunes renova a súa vocación de proxección e venda da industria galega no exterior e estará presente no Womex de Cardiff, onde a Agadic presentará o catálogo on line Road to Womex con 25 temas, entre eles, tres pertencentes aos nosos artistas: Roberto Alonso Trillo, Samuel Diz e Oscar Ibáñez.