3 de outubro: debut de Samuel Diz no Palau

Só quedan dous días para que Samuel Diz faga realidade un dos seus soños: tocar no Palau de la Música Catalana. Este xoves 3 de outubro a partir das 19.30 h, as notas interpretadas por Samuel á guitarra encherán de música o prestixioso escenario barcelonés. Cun repertorio que inclúe obras de Tárrega, Mompou e Buide, o guitarrista tudense asinará a súa participación no ciclo de concertos e concurso de “El Primer Palau“. Aquí deixamos un enlace á emotiva reflexión escrita polo propio Samuel ante esta importante cita na súa carreira profesional. Desexámoslle moita sorte!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies