O Palau abre as portas a Samuel Diz

O intérprete de Guitarra Clásica Galega, Samuel Diz, foi seleccionado para participar na XVIII edición de El Primer Palau. Un ciclo de concertos que ofrece a novos intérpretes de clásica a posibilidade de debutar no prestixioso Palau de la Música Catalana de Barcelona e vivir así unha experiencia excepcional.

Samuel Diz abrirá o ciclo -xunto á arpista Anna Quirog- o próximo xoves 3 de outubro ás 19.30 h. O programa do seu concerto inclúe  un repertorio que parte con tres pezas de Tárrega, a amizade entre Falla e Lorca, a Suite Compostelana de Mompou como unha fantástica maridaxe entre Cataluña/Galicia, e o Nocturnal de Buide -a peza expresamente composta para o disco de Guitarra Clásica Galega-.

Un concerto único nun escenario espectacular. As entradas xa están á venda aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies