Encontro de Ferreiros da Fonsagrada

A Fonsagrada acolle desde hoxe até o domingo a terceira edición do Encontro de Ferreiros. Este ano a gran protagonista será a trompa e ademais de demostracións en vivo dos ferreiros, celebrarase un obradoiro gratuíto de iniciación á interpretación da trompa e outro de construción deste instrumento tradicional. Aquí tedes o programa completo. E se queredes saber como soa unha trompa e coñecer máis sobre este e outros instrumentos tradicionais, recomendámosvos a nosa Guía didáctica de instrumentos galegos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies