Probaches as tapas solares?

Se a resposta é non, tes unha boa oportunidade para facelo este xoves 29 de agosto na praza de San Marcos de Lugo. Durante toda a tarde celébrase un encontro de cociña solar con degustación de pinchos solares para todo o público. E estas son as interesantes actividades programadas:

Ás 16.00 h un obradoiro de construción dunha cociña solar de baixo custo con elevada eficacia. Só hai 20 prazas (inscricións no correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 22 78 12). Se queres facer o teu propio forno solar e levalo para a casa, non tardes en apuntarte.

De 16.00 a 18.00 h haberá unha exposición pública de fornos solares en funcionamento.

E ás 20.00 h unha conferencia sobre tipos de cociña solar: de panel, de caixa e parabólica. Puntos fortes e fracos de cada tipo.

Este encontro forma parte do noso traballo de consultoría cultural para a área de Medio Ambiente da Depuración de Lugo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies