Ben quentiño está a ser este verán… o tempo ideal para facer uso dunha cociña alternativa, moi económica e ecolóxica. Falamos da cociña solar. Se queredes saber máis sobre esta técnica, apuntade na vosa axenda. O 29 de agosto celébrase durante todo o día un Encontro de Cociña Solar en Lugo, programado polo Centro de Interpretación “Terras do Miño”. A próxima semana darémosvos máis información.
Encontro de cociña solar
- Gabinete de prensa
- 22 de Agosto de 2013
- Blog