Volvemos á natureza… para construír xoguetes naturais! O Centro de Interpretación Terras do Miño no Río Rato organiza mañá sábado unha actividade para aprender a facer xoguetes orixinais, económicos e ecolóxicos. Dirixido a público infantil entre 6 e 12 anos de idade. Quedan moi poucas prazas libres! Haberá dous obradoiros, un pola mañá de 11.30 h a 13.00 h e outro pola tarde de 16.30 h a 18.00 h. Inscricións a través do correo und.medioambiente@deputacionlugo.org ou do teléfono 982 22 78 12. E para coñecer toda a programación do centro, aquí.