Sorteo polo noso décimo aniversario

Si, estamos de aniversario. Cumprimos unha década este mes e queremos celebralo con todos vós. Imos sortear un lote de todos os libros publicados na colección de cociña infantil e familiar. En total, seis volumes: Bocadillos e Sándwiches, Sobremesas, Pastas e Pizzas, Menús para festas, Arroces e Peixes. Para participar no sorteo, só tedes que deixar un comentario no noso facebook contándonos que produto vos gustaría atopar no noso catálogo no futuro. Desde agora e até o día 24 de xullo ás 10 da mañá podedes participar. Ese mesmo día daremos a coñecer o gañador. Compartide a información e sorte!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies