Ouvirmos no Festival Espazos Sonoros

O Festival Espazos Sonoros vén de dar a coñecer a súa programación. E Ouvirmos forma parte dela cun evento ao redor da “Historia da Música en Galicia”. A autora da obra, Lorena López Cobas, realizará unha visita guiada ao Castro de Baroña cun breve relatorio titulado “O fenómeno sonoro na cultura castrexa: unha lectura a través dos testemuños literarios”. Terá lugar o sábado 12 de outubro ás 16.00 horas e a inscrición poderá facerse do 28 de setembro ao 9 de outubro en actividades@espazossonoros.org.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies