A que soa o cambio climático?

O violonchelista Daniel Crawford quixo transmitir o aumento da temperatura no planeta dunha forma especial, afastada de gráficos, mapas e cifras. Fíxoo a través da música. Crawford transformou os datos globais da temperatura da Terra entre 1880 e 2012 en notas musicais. E o resultado é a composición que podedes escoitar neste vídeo -a partir do minuto 1’35”-. Cara ao final, o violonchelo acada notas máis e máis elevadas e unha mensaxe pecha o vídeo: os cientifícos predín que a temperatura do planeta aumentará un 1.8°C para a fin deste século. Este quecemento adicional podería producir unha serie de notas máis alá do rango do oído humano.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies