Google dedica hoxe o seu doodle a García Lorca no 115 aniversario do seu nacemento. Un bo día para lembrar que o granadino tamén sentiu paixón por Galicia e a súa lingua. Así o plasmou nos “Seis poemas galegos”. E así o recolle a Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca, con imaxes de Lorca en Galicia, fotos da súa amizade con Blanco Amor e a historia dos seus poemas galegos musicados.