Concerto didáctico en Lugo

Desculpas aos lucenses, onte informamos erroneamente sobre un curso de cociña. En realidade, o obradoiro programado para este venres 14 ás 18.00 horas na Biblioteca Nodal de Lugo é “Instrumentos Galegos: Concerto Didáctico”. O curso, impartido por Moisés Quintas, presenta os diferentes instrumentos da cultura galega clasificados segundo o elemento que orixina o seu son. Un concerto didáctico para afondar na orixe, evolución, construción, etc. de 25 instrumentos, acompañados de cantigas populares nas que o público poderá interactuar. Para todos os públicos!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies