Sumámonos á campaña da Asociación Galega de Editores para conmemorar o Día das Letras, compartindo unha frase pronunciada por Agustín Fernández Paz. “Eu son os libros que lin”. Unha reflexión que nos convida a non perder a oportunidade de achegarnos á literatura e ler en galego para comprender quen somos.