Últimos dias – Oferta especial

Última semana para facervos cunha copia da Historia da Música en Galicia a un prezo especial. Se a mercades antes do día 16 de abril, conseguirédela cun 25% de desconto aquí. Unha rigorosa obra de máis de 400 páxinas e dous CD’s con máis de dúas horas de música por só 44 euros (gastos de envío incluídos).

En palabras de Pilar Alén “non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical”.

Esta obra permite ao lector achegarse cronoloxicamente á música feita no noso país a través de:

  • 440 páxinas
  • 27 cadros e esquemas explicativos
  • Máis de 150 fotografías
  • 2 CD’s
  • 27 temas musicais, dous deles inéditos
  • Máis de dúas horas de música

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies