Presentación da Historia da Música en Galicia

Ouvirmos presenta a “Historia da Música en Galicia” mañá martes 23 de abril, Día do Libro, ás 12.00 horas no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela. Esta obra formada por un libro e dous CD’s ofrece unha revisión actualizada da historia musical do noso país. Desde unha perspectiva pedagóxica, o lector ten a posibilidade de achegarse cronoloxicamente á música feita en Galicia desde a prehistoria até os nosos días, a través de máis de 440 páxinas, 27 cadros e esquemas explicativos, máis de 150 fotografías e dous CD’s con 27 temas musicais (dous deles inéditos).

En palabras da musicóloga Pilar Alén esta obra “non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical.”

Podedes mercar o libro e dous CD’s na nosa web aquí cun 25% de desconto!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies