Chamamento social da AGE

Co gallo da celebración do 23 de abril, Día do Libro, a Asociación Galega de Editores acordou realizar un chamamento social a favor do libro e a lectura, co fin de que se recoñeza social e politicamente o papel trascendental que o libro e a lectura teñen no desenvolvemento das persoas e dos países. Por ese motivo a entidade que representa aos editores galegos fai público o seu documento estratéxico e elaborou un decálogo de 10 medidas que resume as reinvindicacións do sector diante das administracións. As institucións públicas teñen a obriga constitucional e estatutaria de protexer os bens culturais e as industrias que fan posible que eses bens se difundan entre a cidadanía.

Podedes ler e descargar o decálogo aquí.

Bo Día do Libro!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies