Cando esta a piques de saír a nosa “Historia da Música en Galicia” e para ir abrindo boca, aquí vai o primeiro dos dous CD’s que acompañan o libro. Está ilustrado cun “G”, unha interpretación libre dunha das letras iluminadas do Códice Calixtino realizada pola deseñadora Rebeca Ces. O libro cos dous CD’s estará dispoñible nas librarías a partir do día 15 de abril.
G (Letra G do Códice Calixtino. Século XII. Libro I. Día 25 de xullo. Misa de Santiago composta polo Papa Calixto).