Quiroga e Leman en movemento

Poñemos hoxe luz sobre un vídeo histórico e emotivo que nos presenta o lado máis persoal de Manuel Quiroga, un dos nosos músicos máis universais. O documento, publicado por PontevedraTV, recupera as imaxes dun Manuel Quiroga relaxado, fumando e compartido o seu tempo de lecer con amigos e familia. Xa cara ao final, a complicidade entre Quiroga e a súa compañeira Marta Leman, centran a atención do obxectivo da cámara.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies