Conta atrás para os Premios da Edición

En pouco máis de 48 horas terá lugar en Vigo a Noite da Edición 2012. Nós mantemos os dedos cruzados, xa que estamos nominados na categoría de Mellor Libro Educativo coa obra “Peixes” da colección de Cociña infantil e familiar. Esperamos impacientes o veredicto, mentres tanto desfrutamos do privilexio de ser finalistas xunto aos excelentes traballos de Kalandraka e Baía Edicións.

Os Premios da Edición están convocados pola Asociación Galega de Editores e a través de 9 galardóns premian o traballo realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies