Con motivo do 150 aniversario de “Cantares Gallegos”, lanzamos unha oferta especial. Recuperamos do noso catálogo o CD “Cantares Galegos” do grupo de música antiga Resonet, que recrea os poemas orixinais de Rosalía con musicacións da súa época.
Trátase dunha visión musical que nos permite imaxinar as recreacións que a autora facía cantando e acompañándose de piano, arpa ou guitarra. Pois como apuntan diversos autores, Rosalía tiña unha ampla formación musical.
Esta coidada edición de “Cantares Galegos” inclúe ademais un libreto de 88 páxinas cos 17 poemas orixinais e traducidos a castelán, inglés e francés.
Colabora a Fundación Rosalía de Castro e a Asociación Galega da Lírica “Teresa Berganza”.
Dispoñible xa en librarías ao prezo de 12 euros!