Ao redor das crianzas e da música jazz xira o documental “A film about kids and music“. Un título sinxelo para un filme que narra a historia dun proxecto cheo de música e paixón compartida. É a historia da Sant Andreu Jazz Band, unha ‘big band’ infantil de Barcelona, que de seguro vos emocionará. Estréase hoxe en cines, aínda que de momento en Galicia só se proxectará nos Cinesa da Coruña. Un bo plan para a fin de semana!