Cunqueiro, despois de morto…

Hoxe, 28 de febreiro, cúmprense 32 anos da despedida de Álvaro Cunqueiro. Un día para lembrar a súa persoa e as súas palabras, ben coñecidas mais sempre necesarias… “Se de min algún día, despois de morto, se quixera facer un eloxio, e eu estuvera dando herba na Terra Nosa, podería decir a miña lápida: Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveiras máis”.

Esta cita simbólica abre o derradeiro capítulo da Fotobiografía Sonora de Álvaro Cunqueiro, a obra que narra a súa traxectoria vital e literaria a través de máis de 200 páxinas, 100 fotografías e 2 CD´s coa súa propia voz e unha selección dos seus poemas musicados. Podedes escoitar unha mostra das cancións incluídas a través da ligazón ao libro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies