Último aviso aos de Vigo e contorna!

Hoxe é o día. Ás 19 horas no Museo do Mar de Vigo presentamos o novo traballo discográfico “Guitarra Clásica Galega” de Samuel Diz. O intérprete de Tui ofrecerá un concerto con entrada libre até completar aforo. Unha oportunidade para escoitar en directo algunhas das principais composicións galegas para guitarra clásica que por primeira vez se recollen nun álbum.

E para os que non poidades estar presentes, deixamos aquí a playlist do concerto que podedes escoitar a través de Spotify: Concerto Presentación ‘Guitarra Clásica Galega’ | Vigo – 14.XII.2012.

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies