Presentación e concerto de “Guitarra Clásica Galega”

Presentamos o álbum “Guitarra Clásica Galega” de Samuel Diz o próximo venres 14 ás 19.00 horas no Museo do Mar en Vigo. O intérprete de Tui ofrecerá ademais un pequeno concerto con pezas deste traballo discográfico que reúne por primeira vez as principais composicións galegas para guitarra.

“Guitarra Clásica Galega” é unha recompilación de pezas fundamentais que nos levarán desde a década dos 30 no exilio cubano até o século XXI coa nova xeración de compositores galegos. Unha obra que constitúe o primeiro traballo destas características en Galicia realizado desde unha perspectiva viva e universal da nosa cultura.

Track List

Rosa García Ascot (Madrid, 1902 – 2002)

01 Española


Jesús Bal y Gay (Lugo, 1905 – 1993)

02 Pastoral

Fernando Buide (Santiago de Compostela, n.1980)

03 Nocturnal (Bal y Gay)  (escrita en comisión para este disco) 

Frederic Mompou (Barcelona, 1893 – 1987)

Suite Compostelana

04 Preludio


05 Coral


06 Cuna


07 Recitativo


08 Canción


09 Muiñeira

José Chás (San Pedro de Nós, 1908 – 1947)

10 Preludio no3

Paco Barreiro (Vigo, 1953)

11 Berce

Tino Prados (Lugo, 1924 – 1981)

12 Sarita

Manuel Herminio Iglesias (Ourense, n. 1949)

13 Froles d’Ouro 

José Fernández Vide (Ourense, 1893 – 1981)

14 Violetas

Hermelindo Ruiz Mestre (San Sebastián – Porto Rico, n.1987)

15 Zidur

Oswaldo Oro (Vigo, n.1980)

16 Labas

 

Dispoñible xa en formato dixital, nas principais plataformas: iTunes, Spotify

Podedes ver aquí o vídeo da Muiñeira de Frederic Mompou, gravado na Casa de Galicia en New York.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies