Unha “Historia” para os 10 anos de Ouvirmos

“Historia da Música en Galicia” é o título da obra na que levamos inmersos os últimos dous anos. Este venres 30 ás 18.30 h no Culturgal en Pontevedra presentamos un adianto deste proxecto que será realidade na primavera do 2013. Xusto a tempo para celebrar o noso décimo aniversario!

A historiadora Lorena López Cobas, autora do libro, e o director de Ouvirmos darán a coñecer en primicia os detalles desta magna obra que pretende ofrecer unha panorámica xeral da historia da música galega, presentando a través de seis capítulos unha revisión teórica con apoio visual, didáctico e sonoro.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies