Unidade didáctica dixital sobre Celso Emilio Ferreiro

Dentro das actividades deseñadas para a celebración do centenario de Celso Emilio Ferreiro, deseñamos para o proxecto Abalar da Secretaría Xeral de Cultura, unha unidade didáctica dixital dirixida ao alumnado de primaria e secundaria. A través desta actividade interactiva, os escolares poden descubrir, mediante xogos, a obra e a vida de Celso Emilio Ferreiro. A unidade, dividida en dous niveis de dificultade para primaria e para secundaria, repasa a vida e obra do poeta celanovés a través de seis etapas vitais diferentes, con textos descritivos e propostas de actividades lúdicas interactivas que introducen o alumnado na súa creación poética.

A superación dos diferentes retos en forma de dameiros, chuvias de palabras e cuestionarios permítenlles aos escolares ir sumando puntuación como elemento de motivación para superar novas probas. No desenvolvemento destas actividades os participantes acceden a fotografías do autor, os seus textos orixinais e mesmo á voz de Celso Emilio recitando os seus propios poemas.

A unidade didáctica sobre Celso Emilio Ferreiro está accesible para primaria aquí e para secundaria aquí.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies