GalicianTunes no Womex de Tesalónica

Comeza hoxe na cidade grega de Tesalónica a gran feira mundial da música, o Womex. A delegación galega, a través da plataforma GalicianTunes, estará alí presente cun disco doble que leva esta imaxe de portada e que inclúe a dous artistas do noso selo: Dirty Socks e Oscar Ibáñez. O disco será distribuído de xeito gratuíto entre os profesionais acreditados que se acheguen ata o espazo de GalicianTunes dentro do stand de Sounds from Spain.

E coa mirada posta no futuro… xa que no 2014, Santiago de Compostela será a sede oficial do Womex.

 

 

 

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies