Destino: A Habana

Confirmado! Estaremos presentes no Encuentro Voces Populares da Habana. Alí presentaremos xunto ao xornalista José Miguel López a Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca. O evento terá lugar o mércores 24 ás 4 da tarde no Centro Hispanoamericano da Cultura e contará coa presenza do director do Museo da Música de Cuba e mais o director da Biblioteca Nacional.

O Voces Populares reúne na capital cubana a intérpretes, agrupacións, compositores, directores, realizadores e xornalistas do espectáculo musical de diversos países desde o día 21 até o 28 de outubro. O programa completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies