“Alén do mar”, o primeiro disco en solitario de Oscar Ibáñez

Presentamos desde o selo Vir o primeiro traballo discográfico de Oscar Ibáñez en solitario baixo o título “Alén do mar”. Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.

O poema “O fillo de Celt” do cambadés Ramón Cabanillas inspirou esta nova proposta de Ibáñez, quen se recoñeceu nos seus versos e asumiu a tarefa de irmandar musicalmente o Vello e o Novo Mundo, a través das músicas de ida e volta e temática da emigración galega a América Latina, nunha mestizaxe fresca, moderna e innovadora. Para poñer son a esta epopea transatlántica Oscar Ibáñez desenvolveu unha labor a medio camiño entre investigación e creación realizando así unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.

Ademais da participación dos músicos da súa banda de directo “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou neste traballo coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Máis información na web de Oscar Ibáñez.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies