Levamos a Lorca á Habana

Fomos seleccionados para presentar a nosa Fotobiografía Sonora de Federico García Lorca no encontro Voces Populares. Sentímonos moi afortunados, xa que de feito é o único libro que se presenta en todo o festival.

Voces populares celébrase na Habana entre o 21 e o 28 de outubro co obxectivo de aunar nun mesmo espazo a intérpretes, agrupacións, compositores, directores, realizadores e xornalistas do espectáculo musical de diversos países, especialmente de Iberoamérica. Deixamos aquí o pdf co programa completo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies