A Xove Orquestra Vigo 430 ofrecerá o seu concerto de presentación o próximo 17 de setembro. Será na Igrexa de María Auxiliadora de Vigo e interpretarán pezas de Mozart e Händel. Boa ocasión para descubrir esta formación que nace coa finalidade de complementar e ampliar os estudos tanto instrumenaáis como orquestrais que os alumnos realizan nos conservatorios e escolas de música. E unha oportunidade para os estudantes que amosen unha maior progresión, xa que serán convidados aos programas da Orquestra Vigo 430, servindo deste xeito de canteira e paso previo para dar o salto ao terreo profesional.