Celso Emilio vive nas rúas de Pontevedra e Coruña

A campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro chega mañá á provincia de Pontevedra. En concreto, a Vilagarcía de Arousa, Cambados, Pontevedra, Nigrán e Vigo. Nestas localidades, os veciños das rúas que levan o nome do poeta serán os destinatarios dunha acción de buzoneo masivo que lles achegará a figura de Celso Emilio nun formato moi visual e orixinal. Un folleto que podedes ver e descargar completo aquí.

Esta iniciativa, que forma parte dos actos de conmemoración do Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, trasladarase a próxima semana á provincia de A Coruña. O día 27 de setembro chegará o reparto de Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro a Culleredo, Oleiros, Ares, Mugardos, Narón, Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Arteixo, Carballo, Cerceda, Santiago de Compostela e Ribeira.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies