Canal Plus emite “Hemingway & Gellhorn”

“Hemingway & Gellhorn”, a película de Nicole Kidman e Clive Owen, que inclúe na súa banda sonora a “Negra Sombra” da Coral De Ruada, vén de ser estreada por Canal Plus. Durante todo o mes de setembro, a cadea emitirá até dez pases da película que narra a historia de amor que xurdiu entre o escritor Ernest Hemingway e a xornalista Martha Gellhorn en plena guerra civil española. O telefilme da HBO compite con 15 nominacións aos premios Emmy 2012.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies