Buzoneo nas rúas Celso Emilio Ferreiro da Coruña

Volve a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro. Mañá xoves, realizarase unha acción de buzoneo masivo co folleto dedicado ao poeta celanovés na provincia da Coruña. Recibirano nas súas casas, os veciños das rúas co nome de Celso Emilio Ferreiro nas localidades de Culleredo, Oleiros, Ares, Mugardos, Narón, Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Arteixo, Carballo, Cerceda, Santiago de Compostela e Ribeira.

Con este reparto, remata a campaña que achegou o universo do poeta no ano do seu Centenario á cidadanía dun modo directo e orixinal.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Ao navegar está dando o seu consentimento para aceitar os mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique a ligazón para máis información. ACEPTAR

Aviso de cookies