Os nosos dous discos de Manuel Quiroga foron seleccionados para formar parte da discografía que se propón mercar aos alumnos do prestixioso foro “Música en Compostela”. O Curso Universitario Internacional de Música Española vén de celebrar a súa 55 edición do 5 ao 18 de agosto. E para nós é toda unha satisfacción saber que os discos de Quiroga viaxaron cos músicos de volta aos seus países, onde esperamos que non deixen de soar.